Noticias

 

O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia informa que o vindeiro venres 30 de setembro será o último día para realizar o visado dos proxectos de ICT xa que a partir do 2 de outubro as ICT deberán seguir o procedemento de verificación establecido pola nova normativa.

É recomendable que se envíen os proxectos polo menos con 24 horas de antelación ó devandito día.

Para calquera consulta podes contactar a traveso do enderezo electrónico svc@coetg.es ou do teléfono 981919300.

En virtude do convenio asinado entre o Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia e a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, para o desenvolvemento das telecomunicacións en Galicia, vanse a impartir unha serie de xornadas formativas dirixidas aos técnicos municipais e responsables dos gobernos locais con competencias en materia de urbanismo e novas tecnoloxías dos concellos galegos.

Esta nova publicación recompila nun libro de fácil formato toda a normativa de aplicación nos proxectos de Infraestruturas Comúns de Telecomunicacións (ICT) xa que está actualizada co recente novo Regulamento Regulador de ICT, aprobado polo Real Decreto 346/2011, de 11 de marzo, que incorpora as Infraestruturas de Acceso Ultrarrápido e o Fogar Dixital ás edificacións, e coa Orde ITC/1644/2011, de 11 de xuño, que desenvolve o Regulamento cos procedementos a seguir no proxecto e execución da nova ICT.

libro_normativa_54b8c14d.jpg

O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia informa que a partir do vindeiro 1 de outubro os proxectos técnicos de ICT só se poden elaborar segundo o Real Decreto 346/2011, de 11 de marzo, polo que non se poderán visar os proxectos elaborados segundo o Real Decreto 401/2003, de 4 de abril.

Para as actas de replanteo, anexos e certificacións de fin de obra dos proxectos elaborados segundo o anterior Real Decreto 401/2003, poderanse seguir utilizando os modelos da anterior Orde CTE/1296/2003 ata o 16 de xaneiro do 2012 ou tamén os da nova Orde ITC /1644/2011.
BOE 01.04.2011
BOE 16.06.2011

O CIT 2011, que este ano se celebra en Burgos, está dirixido aos enxeñeiros de telecomunicación colexiados que queiran compartir as súas experiencias e achegar ideas para o desenvolvemento profesional e do sector das telecomunicacións, contando coa presenza de destacados persoeiros dos ámbitos institucionais e empresariais. Baixo o título “Telecomunicacións para Cidades Intelixentes”, centrarase nun dos eidos con máis futuro da nosa profesión, como é o das cidades e os servizos municipais.

Consulta os prezos especiais para colexiados.

cit2011_logo_trans.png

Xa está aberto o prazo de presentación de candidaturas para o premio á Mellor Iniciativa Empresarial no sector TIC que cada ano convocan o Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, patrocinado pola Fundación Ingeniero Gerardo García Campos e que forma parte dos Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información.

cartel_pggc_2011.png
Distribuir contido