Noticias

 

En virtude do acordo de colaboración entre o Colexio Oficial/Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia e APD (Asociación para el progreso de la dirección), os asociad@s/colexiad@s poden asistir de xeito gratuíto á xornada "El mundo que viene" que se celebrará o 4 de decembro en Santiago de Compostela.

MQV fotos.jpg

O presidente da AETG, Julio Sánchez Agrelo e o decano do Colexio Oficial de Economistas de A Coruña, Miguel Ángel Vázquez Taín, veñen de asinar un convenio marco de colaboración para instrumentar e regular a súa colaboración de cara ao interese común de ámbalas dúas entidades e dos seus colexiados e asociados.

O convenio recolle as bases de colaboración sobre as que se proxectarán actividades en beneficio de ambos colectivos relacionadas coa formación como cursos, xornadas, conferencias, simposios ou seminarios; a realización de eventos; o intercambio e colaboración en todo tipo de proxectos, publicacións, traballos de investigación; a colaboración na elaboración e edición de publicacións, artigos, dossieres informativos e demáis iniciativas que redunden en beneficio dos colectivos profesionais aos que representan e da sociedade en xeral.

IMG_3837web.JPG

Os vindeiros días 22, 23 e 24 de novembro, o COETG instalará no Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía de A Coruña -MUNCYT- un stand expositivo e un equipo de Realidade Virtual a través do cal difundirá a historia das telecomunicacións e a profesión do enxeñeiro de telecomunicación á sociedade.

Realidad Virtual MUNCYT. MWC

IMG_20181122_155744_0.jpg

A nosa compañeira Edita de Lorenzo participará na Mesa de debate "La revolución digital en el trabajo" que terá lugar o vindeiro día 23 de novembro ás 11.00 horas. Máis información e inscrición nos seguintes enlaces:

Programa e inscrición Mesa: La revolución digital en el trabajo. MWC

Mesa debate "La revolución digital en el trabajo". MWC

mesa.JPG

Esta tarde celébrase na Cidade da Cultura de Galicia a conferencia "Ciberseguridade na túa casa: Ciberseguridade para tod@s" impulsada e organizada pola Amtega, na que se explicarán técnicas sobre como actuar con garantías ante as diferentes ameazas que existen en Internet.

Máis información

image002.jpg

A Mobile Week Coruña iniciativa impulsada por Mobile World Capital Barcelona na que participan multitude de entidades, entre elas o COETG, é un espazo aberto á reflexión sobre o impacto da transformación dixital na vida das persoas, a través da arte, a ciencia e a tecnoloxía. A MWeekCoruña reúne a artistas, científicos, filósofos, enxeñeiros e profesionais da industria nunha iniciativa aberta para todos os cidadáns e difundida pola cidade. O futuro cotián é a temática do evento que se desenvolverá do 21 ao 28 de novembro de 2018 na Coruña co obxectivo de fomentar o debate e a participación da cidadanía en relación ao futuro cotián da sociedade actual.

Accede ao programa da MWC

mwc.jpg
Distribuir contido