Noticias

 

Este venres no Gran Hotel da Toxa, celebramos a XXI edición da Noite Galega das Telecomunicacións e a Sociedade da Información, que estará presidida por Mar Pereira, directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA). A actriz Carmen Méndez será quén presente o evento, no que tamén intervirá o monologuista Carlos Blanco.

De interese para asociados/colexiados

Os próximos días 4 e 5 de outubro de 2016, terá lugar na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo en colaboración con INEO, o taller "Inmersión en Design Thinking" dirixido a directivos, emprendedores, xestores de proxectos e investigadores.

Os asociados/colexiados interesados poderán asistir a este taller a prezo especial ofertado para o colectivo e que pode consultarse no programa do evento.

O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia colabora activamente na organización dunha nova edición do Tour Tecnolóxico @asLAN, que este ano terá lugar o vindeiro 28 de setembro en A Coruña e contará coa participación do decano do COETG.

Os colexiad@s interesados en asistir poderán facelo de forma gratuíta.

A actriz Carmen Méndez será a presentadora da Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2016, que este ano acada a súa edición número 21. Tamén intervirá o actor e monologuista Carlos Blanco, que porá unhas pingas de humor á gala que se celebrará no Gran Hotel da Toxa o vindeiro 30 de setembro, coa asistencia duns 300 profesionais e empresarios do sector.

A velada comezará cun cóctel de benvida e unha sesión de networking que dará paso á entrega dos Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2016.

Boletín de inscrición para Asociados e Colexiados

Ampliación do prazo de inscrición ata o 23 de setembro

Programa NGTSI 2016

O vindeiro día 30 de setembro terá lugar, no Gran Hotel da Toxa, a XXI Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, organizada polo Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG).

Esta vixésima primeira edición xirará baixo o lema A transformación dixial. O desafío 4.0, slogan co cal pretendemos destacar a importancia da integración de sectores tan estratéxicos como o económico, servizos e industrial coa sociedade tecnolóxica, en aras dunha nova economía dixital e sustentable.

Acompáñanos na nosa Noite!

César Mariñas Dávila, distinguido co título de Enxeñeiro do Ano 2016

O Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia veñen de fallar os Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2016. Instituídos polas Xuntas de Goberno e Directiva do COETG e AETG, os Premios serán entregados no transcurso da XXI Gala das Telecomunicacións, que se celebrará o vindeiro 30 de setembro, no Gran Hotel da Toxa.

Distribuir contido