Órganos de Goberno COETG

Privado
Público

O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación regula o seu funcionamento a través dos seus diferentes órganos de goberno que obstentan as potestades do seu funcionamento e representación e que quedan recollidos na súa normativa interna.

Xunta de Goberno Territorial

A Xunta de Goberno Territorial é o órgano executivo, de dirección e administración en Galicia.

En 2025 o COETG convocou eleccións para a renovación dos seus membros da Xunta de Goberno. Resultado do proceso electivo e de conformidade co disposto nos vixentes Regulamento Particular de Funcionamento do COETG e Estatutos Generales do COIT, o 17 de marzo a Mesa Electoral procedeu a proclamar e investir como nova Xunta de Goberno Territorial do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación Galicia á candidatura encabezada por D. Julio Sánchez Agrelo como decano, renovando a súa responsabilidade de dirixir a Xunta de Goberno durante os vindeiros catro anos.  

A Xunta de Goberno Territorial do COETG queda integrada polos seguintes membros:  

Decano: Julio José Sánchez Agrelo
Vicedecana: María Edita de Lorenzo Rodríguez
Secretario: Javier Santos Fernández Fraga
Vogal 1º e Tesoureiro: Antonio Santiago Torres López
Vogal 2º: Fernando José Cendán Garrote
Vogal 3º: Juan Redondo López
Vogal 4º: César Mariñas Dávila
Vogal 5º: Luis Castedo Ribas
Vogal 6º: Francisco Javier Alcalá Navarro
Vogal 7º: Sara María Rodríguez Paz
Vogal 8º: María Pilar Villaverde Castro
Vogal 9º: Ignacio Penedo Nieto
Vogal 10º: José Miguel Gómez Apesteguía
Vogal 11º: Francisco Javier Laíño Colinas
Vogal 12º: Manuel Pozo Fariñas
Vogal 13º: Justo Rodal Pérez
Vogal 14º: Iago crespo Taboada
Vogal 15º: Jorge Rama Penas
Vogal 16º: Juan Carlos Rodríguez Lemos
Vogal 17º: José Miguel Silva Gayoso

Asemblea Xeral

A Asemblea Xeral de Colexiados é o órgano supremo de expresión de vontade dos colexiados residentes en Galicia e está constituída por todos eles e asume a máxima autoridade dentro do Colexio. A Asemblea Xeral reúnese polo menos unha vez ao ano no primeiro trimestre, para aprobar a administración do seu orzamento anual.