10 anos de Oficina Concellos

Asesorando á Administración Local desde 2014

Foto_OfiConcellos
Privado
Público

Por que?

A publicación da Ley 9/2014, General de Telecomunicaciones, de 9 de mayo trouxo numerosos cambios normativos no referente ás infraestruturas de telecomunicacións que afectaban ás actividades sobre as que exercen as súas competencias as Administracións Locais, constatándose unha dificultade de actualización normativa e de acceso á información tecnolóxica que condicionaba o funcionamento diario dos concellos galegos.

O novo escenario legal cambiaba o xeito de proceder da Administración Local, de xeito especialmente importante na tramitación dos despregues de todo tipo de infraestruturas de telecomunicacións, pasando dun réxime baseado en licenzas de actividade a outro baseado en declaración responsables ou comunicacións previas.

En que consiste?

Neste contexto de cambio normativo naceu a Oficina Concellos, como resultado da colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e o Colexio e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG).

Configurouse como unha oficina de asesoramento de primeira instancia, integrada por un equipo de traballo formado por enxeñeiros de telecomunicación, para prestar un servizo de asesoramento e de soporte centralizado e permanente mediante contacto telefónico (981 913 576) e correo electrónico (oficinaconcellos@aetg.gal). Púxose a disposición das entidades locais o coñecemento e experiencia necesarios no despregue de infraestruturas, resolvendo as dúbidas básicas para a aplicación da normativa de telecomunicacións, e de aclaracións acerca das solucións técnicas que poderían afectar ao despregue de infraestruturas de telecomunicacións nos distintos ámbitos municipais.

Os primeiros resultados destas consultas puxeron de manifesto a necesidade de ampliar as labores de divulgación das normativas, polo que se realizou difusión específica por correo electrónico da actualización normativa, xornadas informativas e seminarios. Tamén se realizaron e difundiron modelos de documentos para axuda a proxectistas e guías de procedemento para a súa tramitación nos  concellos.

Actuacións desenvolvidas

- Asesoramento:

  • Prestouse servizo de asesoramento aos concellos galegos por persoal especializado en materia de telecomunicacións. Atendéronse un total de 361 consultas.

- Estudos ou análises:

  • Análise da calidade do servizo das redes móbiles de telefonía e banda larga existentes en Galicia. Comprobáronse un total de 2.400 zonas localizadas en diferentes puntos da xeografía galega. Do 2014 ao 2023.
  • Participación no prototipo de ordenanza municipal de telecomunicacións. Ano 2016.
  • Participación na análise e avaliación do contido do anteproxecto do decreto sobre Fogar dixital. Ano 2016.
  • Revisión e actualización do estado plans ou proxectos urbanísticos vixentes e en tramitación en cada concello. Ano 2016.
  • Análise e listado dos plans e proxectos sectoriais de infraestruturas públicas xestionadas por RETEGAL e os concellos afectados por cada unha delas. Ano 2016 e 2017.
  • Prospección previa realizada a 42 concellos determinados pola Amtega co fin de recadar información precisa sobre as zonas concretas con carencia de cobertura. Ano 2019.
  • Estudo sobre a conectividade IoT Concellos Galegos Verticais. Ano 2023.

- Elaboración de documentación:

  • Fichas Técnicas de tramitación de Infraestruturas de Telecomunicación en Concellos. Recollen de maneira resumida os trámites máis comúns na tramitación dos Plans de Despregamento que as entidades municipais están a recibir por parte das operadoras de telecomunicación. Difusión aos Concellos. Ano 2022.
  • Guía de recomendacións para a tramitación de plans de despregamento nos Concellos. Ano 2021.
  • Informe Lei Ordenación Territorio de Galicia e directrices da paisaxe. Ano 2021.
  • Guía de Solucións de Conectividade na casa ante a crise do COVID-19. Ano 2020.
  • Guía Casos prácticos de tramitación de infraestruturas de telecomunicación nos Concellos. Ano 2020.
  • Guía de Recomendacións para a tramitación dun Plan de Despregamento nos concellos e anotacións sobre os permisos de paso nas edificacións polos operadores de telecomunicacións. Ano 2020.
  • Guía técnica, planos e Proxecto tipo de Infraestruturas de Fogar Dixital (IFD). Ano 2017.
  • Recomendacións para introdución de infraestruturas de telecomunicacións nos plans urbanísticos. Ano 2015.
  • Memoria técnica de infraestruturas de telecomunicación para o plan parcial do sector D2 A Agra no Concello de Laxe. Ano 2015.
  • Guía Práctica para a Implementación do Edifico e o Fogal Dixital. Ano 2012.

- Comunicacións específicas:

  • Axuda a presentación de alegacións as consultas públicas da Secretaría de Estado de Telecomunicaciones sobre zonas brancas BANDA ANCHA (FIBRA ÓPTICA) 100Mbps e UNICO, 2019-2023.
  • Axuda a presentación de alegacións a consulta pública de zonas nas que non existe na actualidade cobertura de redes 4G que proporcionen alomenos 50 Mbps en sentido descendente. Estas serán as zonas obxectivo da nova convocatoria UNICO 5G Redes Activas cuxas bases reguladoras e convocatoria tamén están en consulta pública. Marzo 2023.
  • Envío de información e organización de unha Xornada de divulgación acerca da Resolución DOG sobre a viabilidade dos tendidos aéreos de telecomunicacións nos núcleos rurais tradicionais. Remitimos información aclarando cuestións acerca do encaixe da Ley General de Telecomunicaciones e a Lei do Solo de Galicia, no que se refire os tendidos aéreos de instalacións de telecomunicacións. Decembro 2022.
  • Nova Lei Xeral de Telecomunicacións, Ley 11/2022 de 18 de junio. Remitimos aos Concellos información das novidades en aspectos relativos á tramitación urbanística dos despregamentos de infraestruturas de telecomunicacións e no papel dos concellos. Xullo 2022.
  • Orde do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, ICT/1528/2021, de 30 de decembro pola que se aprobaban as bases de axudas para a transformación dixital e modernización. Remitimos aos concellos galegos que forman parte dalgún tramo do Camiño de Santiago, información sobre estas bases. Febreiro 2022.
  • Resolución da Secretaría de Estado para o Avance Dixital, pola que se especifica a dirección electrónica do espazo habilitado na páxina web de dita Secretaría, para que as administracións públicas poidan comunicar a dirección da páxina web na que publican a información relativa a condicións e procedementos aplicables para a instalación e despregamento de redes públicas de comunicacións electrónicas e os seus recursos asociados. Novembro 2020.
  • Orde Ministerial de Economía e Empresa ECE/529/2019 pola que se pon en funcionamento o Punto de Información Único establecido no Real Decreto 330/2016, de 9 de setembro, relativo a medidas para reducir o coste do despregamento das redes de comunicacións electrónicas de alta velocidade. Maio 2019.
  • Campaña de comunicación cos concellos que teñen en tramitación algún instrumento de planificación urbanística co obxecto de informar sobre a obrigatoriedade de ter aprobado o informe sectorial de telecomunicacións do MINETAD e de ofrecer un servizo de asesoramento. Ano 2017.
  • Información da publicación desde o MINETAD dun rexistro para que os concellos poidan aportar os enlaces das web nas que describen os procedementos e licencias aplicables ao despregamento de redes de comunicacións electrónicas. Ano 2017.
  • RD 330/2016 (BOE Núm. 223, do 15 de setembro), do 9 de setembro, relativo a medidas para reducir o custo do despregamento das redes de comunicacións electrónicas de alta velocidade. Ano 2016 e 2017.
  • Decreto 127/2016 (DOG Núm. 185, do 28 de setembro de 2016), do 15 de setembro, polo que se regulan as infraestruturas necesarias para posibilitar as funcionalidades do fogar dixital nas vivendas de nova construción. Ano 2016 e 2017.
  • Comunicación a Concellos con referencia ás implicacións urbanísticas da Lei Xeral de Telecomunicacións axuntando as “Recomendacións para a introdución de infraestruturas de telecomunicación en plans urbanísticos municipais”. Ano 2015.
  • Comunicación das novidades da publicación da “Ley 9/2014 General de Telecomunicacións”. Ano 2014.

- Sesións informativas:

  • Despregue de tendidos aéreos de telecomunicacións en núcleos rurais. 24 de marzo de 2023.
  • Boas prácticas na compartición dos tendidos de alumeado no despregue de Fibra Óptica. 20 de xullo de 2023.
  • Presentación da Guía Técnica de Infraestruturas de Fogar Dixital. 17 de outubro de 2017.
  • Casos prácticos de tramitación de Infraestruturas de Telecomunicacións nos Concellos. 15 de novembro de 2016.

- Actuacións varias:

  • Elaboración base de datos dos Concellos galegos con indicacións do contacto encargado las Infraestruturas de telecomunicacións.
  • Espazo web con información de interese para os Concellos como normativa sectorial vixente relacionada co servizo ofrecido por esta oficina e que afecta ás competencias da administración local así como a publicación de documentos realizados dentro da Oficina de Concellos da AETG.
  • Difusión do servizo de asesoramento en revistas como Código Cero e CUNAL (2017).
  • Recompilatorio de Ordenanzas municipais de infraestruturas de telecomunicacións. Ano 2014.