24 de marzo é a nova data da sesión Informativa sobre o despregue de tendidos aéreos de telecomunicacións en núcleos rurais
O vindeiro venres 24 de marzo ás 12 horas celebramos a xornada virtual "Despregue de tendidos aéreos de telecomunicacións en núcleos rurais. Todo o que necesitas saber!" dirixida especialmente a responsables de urbanismo, telecomunicacións e infraestruturas dos Concellos galegos. Trátase dunha sesión en liña, áxil e resolutiva sobre aspectos relativos á viabilidade do despregue de tendidos aéreos de telecomunicacións en núcleos rurais, cunha quenda de preguntas para formular dúbidas por parte dos asistentes. A xornada será impartida por Javier Fernández Fraga, enxeñeiro de telecomunicación, experto na materia.
O evento está organizado pola AETG en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e será retransmitido vía streaming a través do Centro Gaiás Tech da Cidade da Cultura de Galicia.