56th FITCE Congress Spain 2017
Do 14 ao 17 de setembro, Madrid acollerá una nova edición do Congreso de FITCE (Federation of Telecommunications Engineers of the European Community) que cada ano ten lugar en paises diferentes e que nesta ocasión ten a España como sede.
Baixo a lema "La transformación digital: un reto para los ingenieros de las Tecnologías de la Información y las Telecomunicaciones" reuniranse profesionais de múltiples países que analizarán o pasado, presente e futuro da Enxeñaría de Telecomunicación. Este evento constituirase nun foro que reúna a investigadores internacionais, enxeñeiros de telecomunicación comprometidos coa investigación básica e aplicada, creadores de innovación e tamén profesionais que desenvolvan a súa actividade nos novos campos que se demandan hoxe en día.
Páxina oficial do Congreso FITCE
Para calquera aclaración, podese contactar a través do seguinte e-mail: 56congress@aeit.es
PROGRAMA DE BOLSAS
Seguindo o compromiso coa educación que sempre manifestaron o COlexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación, abriuse un programa de bolsas para as 36 Escolas de Enxeñaría de Telecomunicación agrupadas dentro da Conferencia de Directores de Escolas de Enxeñeiros de Telecomunicación (CODITEL).
Por iso, cada un dos directores dos centros universitarios nos que se imparte a titulación de Máster Universitario de Enxeñaría de Telecomunicación disporá de 10 bolsas con inscrición gratuíta, de libre designación, coas que se premiará aos mellores estudantes e profesores de cada unha das entidades que o conforman (non inclúe a cea de gala).
As inscricións pódense realizar premendo aquí