Acabará a Covid-19 coa privacidade?, artigo do decano/presidente do COETG/AETG en La Voz de Galicia
Hoxe publicamos en La Voz de Galicia un artigo de Julio Sánchez Agrelo no que advirte da fraxilidade da nosa privacidade nalgunhas aplicacións de rastrexo da Covid-19 e lanza unha mensaxe a gobernantes: "Fagan caso aos expertos e ao que estes propoñen e orienten o desenvolvemento cara a aquelas aplicacións que salvagardan ao máximo a privacidade e a transparencia no uso dos datos".