Acompáñanos en Galicia TIC 2015

Acompáñanos en Galicia TIC 2015

O vindeiro 28 de outubro terá lugar na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, a trixésima edición do Galicia TIC, evento organizado conxuntamente polo Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, a Universidade de Vigo e Ineo. O encontro, dirixido polo noso Vicedecano, Miguel Merino, e que este ano está adicado a "Tecnoloxías Smart. Aportando innovación aos negocios", supón un expoñente do avance tecnolóxico do sector TIC e unha plataforma de debate sobre as mellores solucións ofrecidas ás empresas e ao sector público de Galicia.

Xa se atopa aberto o prazo de inscrición. Os colexiados interesados en asistir poden facer a súa inscrición a través da web do evento ou a través de inscrición online.

Máis Información e programa do evento.