A AETG asina un convenio de colaboración co Colexio Oficial de Economistas de A Coruña

A AETG asina un convenio de colaboración co Colexio Oficial de Economistas de A Coruña

O presidente da AETG, Julio Sánchez Agrelo e o decano do Colexio Oficial de Economistas de A Coruña, Miguel Ángel Vázquez Taín, veñen de asinar un convenio marco de colaboración para instrumentar e regular a súa colaboración de cara ao interese común de ámbalas dúas entidades e dos seus colexiados e asociados.

O convenio recolle as bases de colaboración sobre as que se proxectarán actividades en beneficio de ambos colectivos relacionadas coa formación como cursos, xornadas, conferencias, simposios ou seminarios; a realización de eventos; o intercambio e colaboración en todo tipo de proxectos, publicacións, traballos de investigación; a colaboración na elaboración e edición de publicacións, artigos, dossieres informativos e demáis iniciativas que redunden en beneficio dos colectivos profesionais aos que representan e da sociedade en xeral.

A AETG leva a cabo este tipo de iniciativas, xunto co Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, co obxecto de promover a cooperación e a colaboración para o desenvolvemento e a incorporación das novas tecnoloxías das telecomunicacións e da sociedade da información en diferentes ámbitos profesionais.