A AETG participa no almorzo de traballo "Espírito empresarial no sector do TIC en aras do impacto social"

A AETG participa no almorzo de traballo "Espírito empresarial no sector do TIC en aras do impacto social"

A nosa vogal Edita de Lorenzo participou no almorzo de traballo que se desenvolveu baixo o título "Espírito empresarial no sector do TIC en aras do impacto social", que tivo lugar o 19 de maio no Círculo de Empresarios de Galicia en Vigo.

Estivo acompañada pola xefa do departamento da Sociedade da Información da AMTEGA, Felicitas Rodríguez, pola directora xeral de INEO, Lucía Gregorio e por un grupo de empresarios e empresarias que debatiron distendidamente sobre o papel fundamental que ten o Sector TIC á hora de garantir un crecemento económico sustentable e integrador e do seu impacto social.