A AETG participa no webinario "Estratexia de Ciberseguridade na Peme" o vindeiro xoves 24 de febreiro

A AETG participa no webinario "Estratexia de Ciberseguridade na Peme" o vindeiro xoves 24 de febreiro

De interese para asociados/as

O xoves 24 febreiro 2022 ás 11.00 horas celébrase o webinario "Estratexia de Ciberseguridade na Peme" sobre ciberseguridade na Peme e implantación dunha estratexia para a protección da información na empresa a través do programa Re-Acciona do IGAPE. A xornada está dirixida ao colectivo de enxeñeiros de telecomunicación asociados.

Programa:
11:00 h. Apertura: Julio Sánchez Agrelo. Presidente da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia
11:10 h. Estratexia de Ciberseguridade na Peme: Juan Rodríguez Lemos. CEO de DooingIT
11:30 h. Quenda de preguntas

Máis información e inscrición no seguinte enlace: Estratexia Ciberseguridade Peme