A AETG renova en 2020 o Convenio de Colaboración coa Amtega para achegar o último en tecnoloxía á sociedade

A AETG renova en 2020 o Convenio de Colaboración coa Amtega para achegar o último en tecnoloxía á sociedade

Dende a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia confirmamos un ano máis a nosa colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) coa sinatura dun acordo que, entre outras actuacións, permitirá realizar este ano talleres abertos e gratuítos sobre novas tendencias tecnolóxicas como son, entre outras, a Intelixencia Artificial, a Realidade Virtual e Aumentada ou a 5G e os seus casos de uso. Estas actividades formativas, abertas, gratuítas e presenciais, estarán dirixidas a cidadáns e empresas e administracións públicas e están enmarcadas na aposta pola especialización de profesionais TIC e a capacitación dixitais de profesionais doutros sectores.

Ademais, dando continuidade as actuacións desenvolvidas e edicións anteriores dende a AETG realizaranse análises da calidade do servizo das redes móbiles de telefonía e de banda larga en núcleos galegos e darase continuidade ao servizo de asesoramento sobre normativa e solucións técnicas para o despregamento de infraestruturas de telecomunicación, dirixido especialmente aos axentes implicados no ámbito regulatorio das telecomunicacións e ás entidades locais. Dito servizo está dispoñible a través das seguintes canles:

• Teléfono 981 913 576 en horario de luns a venres de 09:00 a 14:00h
• Correo electrónico oficinaconcellos@aetg.gal
• Vía web www.aetg.gal/articulos/oficina-concellos-aetg