Amplíase o prazo de inscrición á xornada sobre Eficiencia Enerxética que se celebra o día 18 de abril
O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia acadou un acordo coa empresa Telecon para levar a cabo unha xornada formativa de carácter técnico sobre Eficiencia Enerxética, co obxectivo de presentar as oportunidades que ofrece a Eficiencia Enerxética aos enxeñeiros de telecomunicación.
Para a impartición desta xornada contamos coa colaboración do compañeiro de profesión Jacobo Penide, enxeñeiro de telecomunicación pola EET de Vigo, Executive MBA pola Escola de Negocios de Caixanova e actualmente socio e director de desenvolvemento de negocio de Telecon, empresa tecnolóxica galega especializada no deseño, desenvolvemento, fabricación e comercialización de redes intelixentes de monitorización e control aplicadas á seguridade, eficiencia enerxética e telemedida de auga e enerxía.
Aínda quedan prazas dispoñibles para asistir a esta xornada de carácter gratuíto para colexiad@s. Celebrarase o xoves día 18 de abril ás 16:30 horas no Hotel Puerta del Camino en Santiago de Compostela (c/ Miguel Ferro Caaveiro, s/n) e terá unha duración aproximada de 4 horas.
Os colexiado@s interesad@s en asistir deberán enviar un correo electrónico a administracion@coetg.es indicando nome, número de colexiad@ e teléfono de contacto. O prazo para inscribirse está aberto ata o vindeiro luns día 15 de abril. As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.