Amplíase o prazo de presentación de candidaturas aos Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2015
O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS AMPLÍASE ATA O MÉRCORES 15 DE XULLO ÁS 9.00 HORAS
Infórmase da ampliación do prazo de recepción de candidaturas para optar aos Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2015 convocados polo Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG). O novo prazo de recepción remata para todos os premios o 15 de xullo ás 9.00 horas.
Lembramos que as convocatorias abertas dos Premios COETG/AETG son:
- Premio Gerardo García Campos á Mellor Iniciativa Empresarial no sector TIC 2015. Patrocinado pola Fundación Ingeniero Gerardo García Campos e dotado con 6.000 euros, este premio pretende dar un impulso económico e social a aquelas empresas que están empezando a súa andaina ao concederse a un proxecto empresarial emerxente no ámbito das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións.
- Premio GRADIANT á Mellor Tese Doutoral aplicada ao Sector TIC 2015. Patrocinado pola Fundación Centro Tecnolóxico das Telecomunicacións de Galicia (GRADIANT) e dotado con 2.000 euros, con este premio preténdese fomentar a realización de teses doutorais con potencial de aportar valor no mercado como vehículo de xeración de coñecemento e recoñecer a aqueles investigadores das universidades galegas que teñan completada a súa tese doutoral nun eido aplicable ao sector TIC.
Bases do Premio GRADIANT 2015
Ficha resumo da tese Premio GRADIANT 2015
- Premio Mellor Proxecto TIC con beneficios Sociais 2015. En colaboración coa Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) este premio é de carácter honorífico e está destinado a recoñecer os mellores proxectos no ámbito das tecnoloxías da información e a comunicación que contribúan e aporten beneficios á sociedade.
Bases do Premio Beneficios Sociais 2015
Solicitude de participación Premio Beneficios Sociais 2015
- Premio INEO ao Produto ou Servizo TEIC orientado ao "Internet das cousas" 2015. Patrocinado pola Asociación Multisectorial de Novas Tecnoloxías da Información e Comunicación (INEO) e de carácter honorífico, está destinado a recoñecer ás empresas que estean a contribuír á modernización e á innovación na economía galega.
Bases do Premio INEO 2015
Solicitude de participación Premio INEO 2015
Os Premios entregaranse no transcurso da XX Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información.