Amplíase o prazo para presentarse ao Premio Gerardo García Campos á Mellor Iniciativa Empresarial no Sector TIC 2016
O prazo para presentarse e optar ao Premio Gerardo García Campos a Mellor Iniciativa Empresarial no Sector TIC 2016 amplíase ata o mércores 20 de xullo ás 14.00 horas.
Aínda estás a tempo de presentar a túa proposta a este premio patrocinado pola Fundación Ingeniero Gerardo García Campos e dotado con 6.000 euros que pretende dar un impulso económico e social a aquelas empresas que están empezando a súa andaina ao concederse a un proxecto empresarial emerxente no ámbito das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións.
Consulta aquí as bases do Premio GGC 2016