A AMTEGA somete a información pública e consulta o Plan sectorial de implantación e desenvolvemento das infraestruturas da Administración Xeral e do sector público autonómico de Galicia xestionadas por Retegal
Con data 1 de agosto de 2012 publicouse no Diario Oficial de Galicia, o Anuncio do 24 de xullo de 2012 polo que se fai pública a declaración de incidencia supramunicipal do Plan sectorial de implantación e desenvolvemento das infraestruturas da Administración Xeral e do sector público autonómico de Galicia xestionadas por Retegal, e se somete a información pública e consultas polo prazo de dous meses xunto co seu Informe de Sostibilidade Ambiental.
Os colexiados interesados en realizar algunha proposta a traveso do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, deberán remitila vía mail ao enderezo administracion@coetg.es antes do día 15 de setembro, data a partires da cal o COETG elaborará, se procede, un documento no que se recollerán as observacións e suxestións recibidas, previamente valoradas e consensuadas.
Máis información http://imit.xunta.es/portal/documentos/20120724_retegal.html