Apoio e cooperación do COETG/AETG co Concello da Coruña para dotar á cidade de Edificios Intelixentes

O Concello da Coruña ten previsto concurrir á convocatoria C052/17-SP do Plan Nacional de Territorios Inteligentes de la Agenda Digital para España Pilotos de Edificios Inteligentes da entidade pública empresarial Red.es. Nesta convocatoria concédense axudas para dotar á cidade de Edificios Intelixentes enfocados a prestar servizos de xestión da mobilidade, da auga, medioambiental e xestión da enerxía.
Dende o Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia contribuiremos a este obxectivo mediante a achega de coñecemento e experiencia no desenvolvemento de tecnoloxías no noso ámbito de traballo, así como a achega de ideas para o despregamento de novos casos de usos e servizos para mellorar e optimizar os servizos que a cidade ofrece aos cidadáns. Esta iniciativa pretende dotar aos edificios da cidade de sensores que se comuniquen coa plataforma Smartcity Coruña.
A convocatoria foi publicada no BOE o 21 de decembro de 2017 (resolución 4 de diciembre 2017 BOE-A-2017-15259).