Aprobado o Plan Técnico Nacional da TDT que falicitará o desenvolvemento da tecnoloxía 5G
Onte, día 25 de xuño de 2019 publicouse no BOE o real decreto aprobado en Consello de Ministros hai uns días, polo que se liberará a banda de 700 MHz do espectro radioeléctrico que actualmente ocupa a televisión dixital terrestre para deixar espazo á tecnoloxía 5G. O proceso de Segundo Dividendo Dixital deberá concluir antes do 30 de xuño de 2020, para cumprir co calendario establecido pola Unión Europea. Trala liberalización, manterase a oferta de canles existentes na actualidade, as cales terán ata o 1 de xaneiro de 2023 para evolucionar a alta definición e as comunidades de veciños afectadas polo cambio de frecuencias, disporán de subvencións para custear a adaptación dos seus sistemas de recepción colectivos.
Máis información
BOE Real Decreto 391/2019 Plan Técnico TDT