Asesores Dixitais: convocatoria de axudas para o asesoramento na dixitalización das pemes
A entidade pública Red.es, dependente do Ministerio de Economía y Empresa, abre a convocatoria do programa "Asesores Dixitais", dotada con cinco millóns de euros e destinada ás pemes. A iniciativa ten por obxecto impulsar a transformación dixital do tecido empresarial español, mediante a contratación dun asesoramento personalizado e enfocado á dixitalización de todos os procesos que integran cada negocio.
Red.es financiará ata o 80% do custo dos servizos de asesoramento especializado en materia de transformación dixital, cun máximo de 5.000 euros por beneficiario; o 20% restante, como mínimo, correrá a cargo da peme.
O prazo para presentar solicitudes finaliza o 20 de decembro de 2018.