A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia asinou un convenio de colaboración financeira e de servizos co BBVA

A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia asinou un convenio de colaboración financeira e de servizos co BBVA

De interese para Asociados

Os enxeñeiros de telecomunicación integrantes da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) teñen ó seu dispor na entidade BBVA, unha serie de produtos e servizos bancarios en condicións especiais grazas ó convenio asinado entre a AETG e o BBVA.

Deste convenio, asinado por Ramón Bermúdez de Castro Olavide, presidente da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia e por José Luis Serrano Fernández en representación do Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, poderán beneficiarse todos os enxeñeiros de telecomunicación asociados en Galicia.

Image removed.

Así, o convenio recolle múltiples ofertas de produtos e servizos específicas para diferentes perfiles profesionais, adaptándose ás necesidades dos profesionais liberais e autónomos, ás dos traballadores por conta allea e mesmo ás das empresas con diferentes niveis de facturación. Ten cabida tamén dentro deste acordo, a oferta de produtos e servizos orientada á vida persoal dos asociados á AETG, que engloba préstamos persoais, hipotecas bonificadas, e plans de aforro e inversións en condicións visiblemente atractivas para os usuarios.

Acceso a condicións do Convenio AETG-BBVA