A asociación puntoGal presenta a súa candidatura do dominio, co apoio do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia

A asociación puntoGal presenta a súa candidatura do dominio, co apoio do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia

A Asociación puntoGal presentou hoxe a candidatura do dominio .gal ante o ICANN, co apoio de diferentes entidades entre as que se atopa o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, como membro da directiva desta asociación.

O obxectivo é que Galicia teña proxección no mundo dixital cun dominio propio baixo o que poderán rexistrarse aquelas entidades, empresas ou persoas que se expresen en lingua galega e que contribúan ao fomento da nosa cultura.

A Asociación comprometeuse diante da ICANN a que, unha vez consolidado o proxecto, se reinvistan todos os beneficios en programas que fomenten a lingua propia de Galicia nas novas tecnoloxías.