Celebradas a Asemblea Xeral Ordinaria do COETG e a Xunta Xeral Ordinaria da AETG

Celebradas a Asemblea Xeral Ordinaria do COETG e a Xunta Xeral Ordinaria da AETG

O Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia celebraron a súa Asemblea Xeral Ordinaria e Xunta Xeral Ordinaria respectivamente. Ambas xuntanzas tiveron lugar na tarde de onte, 22 de marzo, en Santiago de Compostela, ás que estaban convocados os colexiados e asociados de Galicia.

Durante as mesmas ademáis de presentar o informe de xestión das actividades realizadas ao longo do ano 2017, o COETG e a AETG presentaron e aprobaron, respectivamente, as súas contas de peche do ano 2017 e o orzamento previsto para o 2018.