Celebramos o 50 aniversario do Colexio cunha viaxe no tempo!
Co gallo da conmemoración do 50 aniversario do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación, convidamos a todos os interesados a vivir unha experiencia inmersiva de Realidade Virtual que amosa a historia das telecomunicacións e o rol fundamental dos enxeñeiros de telecomunicación na transformación da sociedade. Grazas ao COETG, esta experiencia aberta a calquera tipo de público, percorrerá as cidades de A Coruña, Pontevedra e Vigo. Trátase da instalación en diferentes puntos destas cidades dun equipo de experiencia de realidade virtual inmersiva que permite interactuar en diferentes momentos da Historia.
Datas e lugares onde se poderá experimentar a realidade virtual:
- Do 15 ao 19 de novembro no museo interactivo Domus de A Coruña en horario de apertura do museo.
- Do 21 ao 23 de novembro no Museo de Pontevedra en horario de apertura do museo.
- Do 27 ao 29 de novembro na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo en horario de 10 a 14 horas.
A entrada aos museos terá carácter gratuíto.
Non é precisa inscrición previa.