Celebramos o II Encontro de confraternización de asociados da AETG!

Celebramos o II Encontro de confraternización de asociados da AETG!

De interese para asociad@s

O ano pasado comezaba unha das iniciativas máis entrañables da AETG, o encontro de confraternización de asociados, do que xurdiu a idea de continuidade trala satisfactoria experiencia dos que alí estivemos, compartindo momentos arredor dunha mesa e saboreando algúns dos manxares máis típicos da nosa terra.

Agardando que esta celebración se converta cada ano, no Encontro de todos os asociad@s de Galicia celebraremos unha nova edición o vindeiro venres día 19 de outubro ás 15 horas na caseta do San Froilán da Pulpeira Aurora en Lugo. Os asociados interesados en asistir deberán confirmar a súa asistencia a través do mail comunicacion@aetg.gal indicando nome completo e teléfono de contacto antes do día 10 de outubro.