Celébranse os LPRO Days na Escola de Enxeñería de Telecomunicación de Vigo

O 10 de abril celébranse os LPRO Days na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo. Trátase da presentación pública dos traballos feitos polo alumnado no marco da materia "Laboratorio de proxectos".

Durante a xornada, que terá lugar no pasillo central da mesma escola, os asistentes poderán compartir cos estudiantes e profesores a presentación dos proxectos realizados polos alumnos de cuarto curso do Grao de Enxeñaría de Telecomunicación a través de paneis explicativos á vez que nalgúns casos á demostración práctica do seu funcionamento.

Os proxectos a presentar son:

1. Sistema de geolocalización mediante pulseira para persoas dependentes.

2. MusicAround, aplicación Android para compartir música de forma anónima entre localizacións próximas.

3. Maceta intelixente e rede social para afeccionados ás plantas.

4. Sistema de control ambiental do fogar.

5. Sistema de detección e aviso de situacións anómalas no fogar.

6. Deseño dun Theremin e difusión do audio xerado por streaming.

7. Controlador táctil de móbil para bicicletas.

8. Espectrómetro baseado en Arduino.

9. Aplicación para a integración de datos de explotacións agrarias en ERP.

10. Detector de inclinación dun robot controlado por radio.

11. Controlador de bomba de calor de geotermia.

12. Sonómetro baseado en Arduino.

13. Radar de curto alcance en banda S.