Celébranse as xornadas de presentación dos proxectos piloto 5G de Telefónica do 14 ao 16 de xuño

Celébranse as xornadas de presentación dos proxectos piloto 5G de Telefónica do 14 ao 16 de xuño

O COETG colabora con Telefónica na difusión das xornadas de presentación dos resultados dos proxectos piloto 5G realizados en Madrid. Terán lugar un total de sete sesións distribuídas entre os días 14, 15 e 16 de xuño en formato on-line e presencial nas que se abordarán aspectos relacionados co impacto da tecnoloxía 5G como habilitadora tecnolóxica que cambiará o futuro das nosas vidas, implicando novas formas de traballar e de entender o noso día a día.

Ao longo das sesións, coñeceremos o proxecto Telefónica 5G Madrid que desenvolve oito casos de uso para os sectores da industria e loxística, turismo, educación, saúde, drons e producción televisiva de eventos, que permitirán probar a utilidade real, e aplicada a negocio, das novas capacidades 5G. Amosaranse tamén casos de uso con propostas concretas de experiencias piloto 5G que xa están transformando diferentes ámbitos como a industria 4.0, a sanidade, o ensino e a hostalaría e turismo.

Programa completo e inscrición