Celébrase o primeiro webinar sobre saúde: ‘Emprender en e-saude: luces e sombras’
O grupo eSaúde COETG/AETG integrado no grupo e-salud COIT celebra o seu primeiro webinar baixo o titulo "Emprender en e-saude: luces e sombras" o martes 19 de xullo ás 10 horas e que está dirixido a todos os enxeñeiros de telecomunicación interesados no sector e-saúde que teñan unha nova empresa ou unha iniciativa empresarial neste campo.
O webinar estará moderado por Vicente Collado, empresario no sector saúde, e nel participarán emprendedores relacionados co sector que contarán os seus acertos, os seus erros e sobre todo o punto de inflexión para alcanzar o éxito empresarial.
Animamos a participar a todos os colexiados interesados ou que queren iniciar, ou acaban de facelo, a súa carreira profesional neste sector. A asistencia é gratuíta e para inscribirse é preciso enviar un mail a esalud@coit.es.