Chega a Galicia o Tour Tecnolóxico asLAN 2018 "Transformación dixital: todo conectado"
De interese para colexiados
A Asociación @asLAN celebra unha nova edición do Tour Tecnolóxico en varios puntos da xeografía española e chega a Galicia, coa colaboración do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia. Concretamente, terá lugar na Coruña o martes día 6 de novembro. Esta iniciativa, que forma parte do Plan de Actividades da Asociación @asLAN para 2018, está dirixido a crear espazos de encontro e divulgación tecnolóxica conectados con ASLAN 2019, conta co respaldo a nivel nacional do COIT y do CDTI, así como de destacados provedores do sector TIC.
Esta decimoterceira edición do Tour Tecnológico @asLAN xirará sobre o papel das tecnoloxías en rede para impulsar a transformación dixital e ofrecerá a perspectiva de empresas asociadas @asLAN muy especializadas, sobre importantes tendencias de futuro e solucións tecnolóxicas dispoñibles para construir infraestruturas dixitais que permitan acelerar a Transformación Dixital.
O Foro Tecnológico A Coruña celebrarase no Hotel NH Collection A Coruña Finisterre. A inscrición ao evento é gratuíta por cortesía do COETG e pódese realizar no seguinte enlace: Inscrición asLAN - A Coruña