Cine Forum Empresarial: “GRACE DE MÓNACO"

Cine Forum Empresarial: “GRACE DE MÓNACO"

En virtude do acordo de colaboración entre O Colexio Oficial/Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia e APD (Asociación para el progreso de la dirección), os asociad@s/colexiad@s poden asistir de forma gratuíta ó novo Cine Forum Empresarial que se celebrará o vindeiro 10 de xuño en Vigo e o vindeiro 12 de xuño en A Coruña en horario de tarde.

A película elixida nesta ocasión é "Grace de Mónaco”, dirixida por Olivier Dahan, que explora as luces e sombras do personaxe e a persoa nun ano crucial da vida de Kelly, 1962. Despois da proxección terá lugar un coloquio onde se debatirán diversos aspectos da película: conflicto de roles, liderazgo da muller, marketing dun conto de fadas...entre outros.

Se estás interesado en asistir contacta con nós vía correo electrónico (aetg@aetg.org / administracion@coetg.es) ou teléfono (986 465 234 / 981 919 300) e indicanos o nome e apelidos para enviarte o código de convidación. As invitacións tramitaranse por rigurosa orde de chegada ata cubir o aforo existente.

Ver programa acto Vigo
Ver programa acto A Coruña