COETG e AETG presentan o seu proxecto Mentoring no Foro Tecnolóxico de Emprego
Un ano máis COETG e AETG estarán presentes na nova edición do Foro Tecnolóxico de Emprego, o evento que anualmente organiza o estudantado das escolas de enxeñería da Universidade de Vigo e que este ano terá lugar entre os días 9 e 11 de marzo.
Nesta edición COETG/AETG darán a coñecer o seu Proxecto de Mentoring nun workshop presencial que terá lugar o mércores 9 de marzo ás 17.00h nas instalacións da Escola de Enxeñería de Telecomunicación. Este proxecto ponse en marcha en colaboración coa Escola de Enxeñería de Telecomunicación da Universidade de Vigo e está dirixido aos estudantes e recén titulados en Enxeñería de Telecomunicación. O workshop terá un formato participativo no que os asistentes poderán formular preguntas e lanzar todas aquelas inquedanzas relacionadas cos procedementos de mentoring, coa finalidade de que coñezan a fondo o proxecto e aos mentores que nel participarán.
O proxecto de Mentoring do COETG/AETG no que participan varios expertos na materia que forman parte do COETG/AETG, está dirixido por Juan Redondo López, con ampla experiencia no sector das TIC e formación especializada en mentorización e coaching. O vindeiro día 9 participará xunto co tamén experto na materia e enxeñeiro de telecomunicación, Paulino González Pan.
O Mentoring é un proceso no que un mentor comparte o seu coñecemento e experiencia cun mentorizado para que este alcance o seu máximo potencial persoal e profesional. É a metodoloxía e práctica destinada ao desenvolvemento de habilidades sociais, actitudes personais e competencias profesionais dos mentorizados, favorecendo tamén un contacto e asesoramento entre profesionais do sector, co obxetivo final do seu crecemento profesional e personal.