Colabora como Aliado Dixital en 2018

Colabora como Aliado Dixital en 2018

De interese para colexiados/asociados

No marco do Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020, ponse en marcha por parte da Amtega unha nova inciativa da Rede de Aliados Dixitais para o ano 2018. Dende o COETG, como entidade integrante desta Rede solicitamos a colaboración dos colexiados/asociados interesados en participar de forma altuista na realización de actuacións concretas de inclusión dixital dirixidas a colectivos concretos e/ou á cidadanía en xeral durante o ano 2018.

As actuacións a realizar polos aliados dixitais poden ser moi variadas e de moi distintas tipoloxías: xeración de contidos, actividades formativas, charlas informativas, talleres de sensibilización, ademais, todas estas actuacións pódense desenvolver de forma presencial e/ou ser retransmitidas por videoconferencia tanto na Rede de aulas CeMIT coma en colaboración con outros aliados dixitais.

Consulta no seguinte enlace a proposta de temáticas consideradas de maior interese para desenvolver coa Rede de aulas CeMIT e/ou outros aliados dixitais.

Competencias Dixitais 2018

Para máis información contacta co COETG a traveso das canles habituais.