Colabora na elaboración da Axenda Dixital 2020!

O desenvolvemento dunha Axenda Dixital en Galicia permitirá maximizar o rendemento das TIC, acadando un maior impacto social e económico derivado da súa contribución á produtividade, transformación e modernización da sociedade. O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia colabora na elaboración da devandita Axenda Dixital a petición da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), entidade promotora deste proxecto.

Preséntase o cuestionario elaborado coa finalidade de recoller as achegas que se consideren oportunas para incorporar na devandita Axenda. Este documento inclúe tamén un enlace que contén información sobre o este proxecto.

No caso de estar interesado en realizar achegas, podes remitir este cuestionario cuberto ao enderezo administracion@coetg non máis tarde do mércores día 10 de decembro ás 10.00 horas, co fin de canalizar todas as propostas recibidas e envialas á AMTEGA na data solicitada por parte da mesma.