Colaboramos co CGES na elaboración das "50 medidas para transformar Galicia dende a Enxeñería"

Colaboramos co CGES na elaboración das "50 medidas para transformar Galicia dende a Enxeñería"

De interese para colexiados

Unha das últimas iniciativas que poñemos en marcha dende o COETG, xunto cos demais Colexios profesionais de enxeñería regulada de Galicia que integran o Consello Galego de Enxeñerías -CGES-, é a elaboración do documento "50 medidas para transformar Galicia dende a Enxeñería" co que se pretende contribuír ao progreso económico da nosa Comunidade para os vindeiros anos dende a perspectiva das enxeñerías.

Pensamos que a mellor forma de conseguir este obxectivo é elaborar un texto que recolla tódalas ideas aportadas polos diferentes colectivos, polo que animamos aos colexiados ao envío propostas dende a perspectiva propia da actividade de enxeñeiro de telecomunicación no ámbito das TIC e outros aspectos das enxeñerías en xeral.

Os interesados en participar nesta iniciativa deberán enviar as súas propostas por mail a comunicacion@aetg.gal, sintetizando cada unha das medidas en 3 ou 4 liñas e argumentadas cunha extensión aproximada dunha páxina. O prazo de recepción de propostas remata o día 11 de febreiro.