Colexiad@s e asociad@s do COETG/AETG visitarán a Escola Naval Militar de Marín

O Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, dentro do programa de visitas culturais-formativas de interese que ten programadas para este ano, organizan unha visita á Escola Naval Militar de Marín, ao Centro de Medidas Electromagnéticas (CEMEDEM) e ao Centro Universitario da Defensa.
A visita, prevista para o vindeiro día 10 de outubro, comezará ás 16:45 horas cunha recepción dos asistentes na que terá lugar unha presentación das tres institucións obxecto da visita.
Posteriormente os asistentes poderán coñecer:
- O Simulador de Navegación.
- O Planetario - Museo da Escola Naval.
- O Pañol Histórico.
- O CEMEDEM.
- A Biblioteca Académica e Casino de Alumnos.
A visita rematará cun café no que os asistentes poderán intercambiar impresións sobre a mesma.
No caso de estar interesado nesta visita o Colexiad@/asociad@ deberá enviar un mail a aetg@aetg.org antes do día 4 de outubro indicando o seu nome completo, DNI, teléfono de contacto e número de persoas que asistirán á visita. Por temas de control de acceso ao recinto será tamén imprescindible facilitar a matrícula do vehículo.