Condicións especiais de matriculación para asociad@s e colexiad@s na II Edición do Executive Programme en Dirección de Persoas

Condicións especiais de matriculación para asociad@s e colexiad@s na II Edición do Executive Programme en Dirección de Persoas

En virtude do acordo de colaboración entre O Colexio Oficial/Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia e APD (Asociación para el progreso de la dirección), os asociad@s/colexiad@s contan cunhas condicións especiais na vindeira edición do Executive Programme en Dirección de Persoas organizado por APD.

O obxectivo do Programa é capacitar aos directivos para lograr liderar e dirixir mellor mediante un método de transformación e perfeccionamento de comportamentos profesionais contrastado.

Este Programa Executive vaise a desenvolver en Santiago de Compostela entre o 24 de xaneiro e o 16 de abril de 2013 en 5 sesións cunha duración total de 40 horas presenciais.

Se estás interesado en participar envíanos un correo electrónico indicando o nome e apelidos e número de colexiad@/asociad@ ao seguinte enderezo electrónico aetg@aetg.org.

Accede ao programa