Condicións especiais de matriculación para Asociad@s nos novos programas MBA da Escola Europea de Negocios

Condicións especiais de matriculación para Asociad@s nos novos programas MBA da Escola Europea de Negocios

A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia ten asinado coa Escola Europea de Negocios (EEN) un convenio que permite acceder aos asociad@s da AETG ás actividades formativas (cursos, másteres, programas longos) que desenvolve a EEN con condicións vantaxosas.

En virtude deste acordo, @ asociad@ da AETG terá unha BONIFICACIÓN dun 15% ao formalizar a matrícula nas actividades formativas e a posibilidade de acceder a calquera das becas ou axudas dispoñibles.

Nestes momentos está aberto o prazo de inscrición para o MBA Executive para profesionais e o MBA Postgrao para recén titulados.

Pódese encontrar máis información sobre estes programas na sección Convenios e Ofertas.