Condicións especiais de matriculación para Asociad@s nos programas da Escola Europea de Negocios

En virtude do acordo de colaboración asinado recentemente coa Escola Europea de Negocios (EEN), a AETG pode ofrecer aos asociad@s un amplo abano de actividades formativas (cursos, másteres, programas longos) en condicións especiais de matriculación.

A EEN é unha escola de recoñecido prestixio na formación de postgraduados e directivos de España.

En virtude deste acordo, @ asociad@ da AETG terá unha BONIFICACIÓN dun 15% ao formalizar a matrícula nas actividades formativas e a posibilidade de acceder a calquera das becas ou axudas dispoñibles.

Nestes momentos está aberto o prazo de inscrición para o Master Business Administration (MBA) Executive, cuio programa desenvólvese dende a perspectiva de integración do directivo nos negocios e ofrece un novo enfoque innovador e de adaptación aos novos requerimentos do mercado.

Pódese encontrar máis información sobre este programa ou sobre o resto de oferta formativa dispoñible na sección Convenios e Ofertas ou na web da Escola Europea de Negocios.

Para máis información pódese contactar con Helena Villares no teléfono 881 883 381 ou no mail coordinacion.galicia@een.edu, indicando sempre que se é asociado da AETG.