Conferencia "Evolution of EUTELSAT: from an international organization to a multibillion quoted company" na ETSET de Vigo
Segundo a colaboración existente entre a Escola de Enxeñaría Técnica Superior de Telecomunicacións e o Colexio/Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, os colegiados que estean interesados están convidados a asistir a conferencia que baixo o título "Evolution of EUTELSAT: from an international organization to a multibillion quoted company" impartirá D. Giuliano Berretta, na actualiadade Presidente de Honor de Eutelsat Communications. A mesma terá lugar o vindeiro día 5 de marzo ás 12 horas no Salón de Graos da Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións (Universidade de Vigo).