Conferencia sobre o Exercicio Libre da Profesión na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación de Vigo

Na mañá de onte, o enxeñeiro de telecomunicación e vogal da Xunta de Goberno do COETG, Javier Fernández Fraga, impartiu unha conferencia na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo dirixida aos alumnos do Máster, na que ilustrou aos asistentes sobre diferentes aspectos do exercicio da profesión de enxeñeiro de telecomunicación desde a perspectiva do exercicio libre da profesión.
Enmarcada dentro da asignatura de Dirección de Proxectos, á actividade asistiron todos os alumnos matriculados actualmente no Máster de Enxeñería de Telecomunicación, os cales puideron resolver todas as dúbidas e inquedanzas en materia profesional, desde a perspectiva do exercicio libre da profesión de enxeñeiro de telecomunicación.
O relator, cunha ampla experiencia profesional neste campo, ilustrou aos asistentes cunha visión completa sobre o exercicio da profesión, partindo da definición de conceptos e abarcando temas como saída profesional neste xeito de desenvolver a actividade e as vantaxes de pertencer ao Colexio e a Asociación, entre outros.