Conferencia "Xemelgos Dixitais e o reto dos buques intelixentes"

Conferencia "Xemelgos Dixitais e o reto dos buques intelixentes"

En virtude do convenio subscrito entre a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, no que se recollen actividades de formación, divulgación e asesoramento á sociedade en xeral, desde a AETG organizamos a conferencia Xemelgos Dixitais e o reto dos buques intelixentes, impartida por Donato Martínez Pérez de Rojas, Juan Ignacio Silvera Vez e Carlos Blanco Seijo.

Durante a mesma, os relatores, enxeñeiros expertos na materia, ofrecerán unha visión xeral do plan de transformación que dará lugar ao Xemelgo Dixital no entorno da construción naval, abordarán os retos e oportunidades desta tecnoloxía e a súa implicación no ecosistema naval e marítimo, finalizando cunha exposición dun caso de aplicación nos futuros buques da Armada Española.

A xornada terá lugar o vindeiro día 28 de outubro ás 11:15 h. no Auditorio Xosé Neira Vilas da Cidade da Cultura, Monte Gaiás - Santiago de Compostela.

Programa da Conferencia

Máis información nos teléfonos 981919300/986465234 ou a través do correo electrónico comunicacion@aetg.gal.

Proxecto financiado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Image removed.