Congreso "Telecomunicaciones y Sanidad"

Os vindeiros 4 e 5 de maio terá lugar en Madrid o Congreso "Telecomunicaciones y Sanidad" organizado polo Colegio Oficial de Ingenieros de Telecomunicación. Baixo a lema "Deseñando os hospitais e residencias do futuro" daranse a coñecer os últimos desenvolvementos tecnolóxicos para a integración das telecomunicacións nos edificios de ámbito sanitario e sociosanitario.
O avance tecnolóxico actual está a producir cambios importantes nos modelos hospitalarios e sociosanitarios que melloran a atención ao paciente ou residente e permiten novas posibilidades de prestación de servizos a través da monitorización, teleasistencia e telemedicina.