Convidación acto presentación do libro "Sistemas Electrónicos Digitales"

O xoves 14 de xaneiro o vicedecano/vicepresidente do COETG/AETG, Miguel Merino, participará no acto de presentación do libro "Sistemas Electrónicos Digitales", do que son autores os catedráticos de Tecnoloxía Electrónica, Enrique Mandado e José Luis Martín.

No libro, que acada xa a décima edición, preséntanse exemplos de produtos desenvolvidos por empresas españolas e concretamente de dúas empresas galegas creadas por ex-alumnos da Escola de Enxeñairía de Telecomunicación de Vigo.

Durante o evento que terá lugar na Casa do libro en Vigo a partir das 19.30 horas, sortearánse 10 exemplares do volume entre os asistentes.

Os asociad@s/colexiad@s interesados, poderán asistir á presentación de maneira gratuíta.

Convidación presentación SED