Convocado proceso selectivo para a escala de sistemas e tecnoloxía da información da Xunta de Galicia

De interese para colexiados e asociados
A Consellería de Facenda e Administración Pública vén de convocar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información. As solicitudes de participación poderán presentarse nun prazo de 20 días hábiles que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).
Bases da convocatoria DOG 7 de xullo 2023