Dá comezo Eusipco 2019, 27ª Conferencia Europea de Procesamento do Sinal

Dá comezo Eusipco 2019, 27ª Conferencia Europea de Procesamento do Sinal

Ao longo desta semana celébrase na Coruña a 27ª edición de Eusipco, a Conferencia Europea de Procesamento do Sinal, na que se darán cita multitude de expertos de varios países para afondar nesta disciplina fundamental das Tecnoloxías da Información e a Comunicación. Este congreso, no cal o COETG participa como entidade patrocinadora, supón unha cita fundamental na axenda dos expertos en Procesamento do Sinal de todo o mundo.

O profesor da Universidade da Coruña e membro da xunta de goberno/directiva do COETG/AETG, Luis Castedo Ribas, é co-presidente do comité organizador desta edición do congreso, a quen entrevistamos no último número da revista A Nosa Rede.

Entrevista a Luis Castedo sobre Eusipco 2019. Páx. 14