Debate en Popular TV moderado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia
Este venres día 19 tivo lugar en Popular TV o debate moderado polo Secretario Xeral do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, Ramón Mª Lois, no que participaron tres representantes dos partidos políticos con representación no Parlamento de Galicia.
O contido deste debate estivo enfocado cara ás diferentes temáticas da área TIC con especial incidencia en Galicia, así, tratáronse temas relativos aos principais obxectivos e liñas estratéxicas de política autonómica en materia de Telecomunicacións e Sociedade da Información.