Encontro empresarial "Economía con acento"
O Foro Enrique Peinador, no que o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia participa, organiza o encontro empresarial "Economía con acento" que se celebra o vindeiro martes día 27 de maio no Pazo de Mariñán (A Coruña) ás 17 horas.
Neste encontro, organizado xunto coa Deputación Provincial da Coruña e coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, participarán numerosos empresarios que coñecerán por boca dos representantes de diversas empresas xa galeguizadas, as bondades dos usos lingüísticos nas relacións laborais, publicidade, etiquetaxe e calquera outra manifestación da xestión corporativa.
O Foro Enrique Peinador creouse coa finalidade de xeralizar do uso da lingua galega en todos os niveis da empresa e de conseguir para o galego máis funcións sociais e máis espazos de uso, e reforzar a súa presenza en sectores estratéxicos determinantes para o éxito social e afirmación de Galicia como pobo.
Programa Encontro "Economía con acento"
Máis Información do Foro Peinador