Entrevista do Decano-Presidente do Colexio Oficial e Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia na TVG
O pasado día 18 de outubro tivo lugar no programa Bos Días da TVG unha entrevista ó Decano-Presidente do Colexio Oficial e da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, Ramón Bermúdez de Castro, co motivo da presentación da Guía práctica para a implantación do Edificio e o Fogar Dixital, elaborada pola Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).
Este documento-marco contén toda a información precisa en termos técnicos e económicos sobre a implantación do Edificio e o Fogar Dixital, e será o Manual de referencia en Galicia para o desenvolvemento das infraestruturas TIC necesarias para soportar o acceso aos novos servizos tecnolóxicos que posibilita a Sociedade da Información.