Enxeñeiros da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación de Vigo premiados nos "Galileo Masters"

Por segundo ano consecutivo, enxeñeiros da Escola de Enxeñería de Telecomunicación da Universidade de Vigo conseguiron o premio da fase rexional galega do Concurso Europeo de Navegación por Satélite, ESNC 2016, o Galileo Másters, que promove a Axencia Espacial Europea (ESA), o Centro Aeroespacial Alemán e o Ministerio alemán de Transporte e Infraestruturas Dixitais, co obxectivo de recoñecer as mellores ideas para o desenvolvemento de aplicacións de navegación por satélite e buscar os mellores servizos, produtos e innovacións que utilicen a navegación por satélite na vida cotiá.
Francisco Javier Diaz Otero, membro da xunta de goberno do COETG, docente e investigador do Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo e coordinador rexional do concurso, destacou que "dado que a competencia e calidade das propostas aumenta ano a ano, como indicou o xurado rexional, mostra o grao de innovación e potencial da idea gañadora. Isto indica, a súa vez, o grao de preparación técnica e competencia en proxectos e ideas innovadores dos estudantes e grupos de investigación da Universidade de Vigo".