GALICIA 2024: Secretaría Técnica COETG

Oferta Emprego

Na constante busca por fortalecer o noso equipo e ofrecer servizos de calidade aos nosos colexiados, buscamos un/a Enxeñeiro/a de Telecomunicación para desempeñar o papel de Secretario Técnico en Galicia, integrado dentro do Pool de Enxeñería do Colexio. 

Posto:

Enxeñeiro/a de Telecomunicación. Secretario técnico do COETG (demarcación do COIT en Galicia).

Funcións básicas:

1. Xestión e coordinación de proxectos integrado no Pool de Enxeñería: Proxectos, consultas, desenvolvementos, ... abranguen desde a concepción ata a súa execución.

2. Elaboración de Servizos de Garantí@ COIT e responsable en Galicia de xestión de acordos: Visado, Verificación Obrigatoria de Proxectos de ICT e Verificación Voluntaria. 

3. Impulsar o desenvolvemento de novos proxectos, subvencións e convenios en Galicia con posibilidade de ampliar a outros territorios.

4. Prover soporte directo e atención personalizada aos colexiados na zona.

5. Xerar informes de actividade detallados e realizar o seguimento de orzamentos asociados. 

6. Colaboración coa Xunta territorial dando soporte ás accións institucionais no territorio.

Requisitos:

• Enxeñeiro de Telecomunicación con 5-10 anos de experiencia en Xestión de Proxectos.

• Proactividade, flexibilidade e integración nun grupo activo de enxeñeiros.

• Orientación a resultados.

• Habilidade para comunicarse fluídamente en galego e inglés a nivel profesional.

Recomendables:

• Dominio da lexislación vixente en telecomunicacións.

• Coñecemento profundo da Administración en relación con Telecomunicacións e relacións establecidas dentro do sector.

Condicións:

• Lugar de Traballo: A Coruña, sede do COETG. 

• Xornada: Parcial, 20h/semana. Ampliable en función de resultados e necesidades do servizo

• Retribución: En función do perfil do candidato, con complemento variable, e a xornada definitiva.

Contacto: Envío de CV a comunicacion@coetg.gal